Ir o contido principal
Seminario Cine + Guerra Civil

Seminario Cine + Guerra Civil

  • Do 6 xullo ao 8 xullo de 2006

    Relatorios: Paraninfo da reitoría. A Maestranza. A Coruña; Proxeccións: Centro Galego de Artes da Imaxe

Tras a sublevación militar contra a legalidade republicana e o tráxico desencadeamento da guerra civil, o cinema español –e particularmente o realizado no bando leal ao goberno democrático- chegará a desenvolver un dos máis fértiles períodos históricos do noticiario e o documental mundiais considerados no seu conxunto, evocando case sen matizacións un cinema de exepción vinculado a experiencias revolucionarias e soviéticas, mentres o cinema de ficción desaparecerá case totalmente, aínda que con excepcións tan significativas como o accidentado e contraditorio intento dunha produción anarcosindicalista de longametraxes comerciais.Nos dous bandos, con todo –porque tamén o documental nacionalista presenta pezas de inusitado interese-, a guerra civil supón de feito a primeira experiencia histórica do uso do cinema sonoro ao servizo dos intereses en loita, e, xunto á fotorreportaxe e ao cartelismo, creará novas pautas e modelos para a utilización da reportaxe e do noticiario como elementos de mobilización, información e contrainformación, de propaganda política e militar en definitiva, dando un enorme pulo ao documental, capaz de abordar –se ben con resultados dispares- audaces experimentacións de linguaxe.Tras o fin do conflito, a guerra e o exilio converteranse –con lóxicas e, en ocasións, forzosas oscilacións históricas- en núcleo semántico último dalgúns dos máis destacados dos filmes da nosa Historia.Sobre estes e outros aspectos versarán os relatorios do presente seminario, en que participan non só relevantes expertos na materia, senón tamén mozos investigadores que traballan sobre o tema na actualidade. As sesións compleméntanse cun ciclo de proxeccións que, para alén dos títulos máis célebres de/e sobre o conflito bélico e as súas consecuencias, incorpora documentais, reportaxes e noticiarios que permiten seguir o seu desenvolvemento desde xullo de 1936 até o seu desolador remate en 1939”.ORGANIZA:Vicerreitoría de Extensión Universitaria e ComunicaciónAula de Cinema e ImaxeUniversidade da CoruñaSecretaría Xeral de ComunicaciónDirección Xeral de Comunicación AudiovisualCentro Galego de Artes da ImaxeColabora: Deputación da CoruñaDirector do Seminario: José Luis Castro de Paz (Profesor Titular de Comunicación Audiovisual. Universidade de Vigo)Coordinación: David Castro (Aula de Cinema e Imaxe. Universidade da Coruña)