Quen teme a Jean Luc Godard?  29 de abril de 2011

Quen teme a Jean Luc Godard? 29 de abril de 2011

  • Do 29 abril ao 29 abril de 2011

A revolución constante que representa o cine de Jean-Luc Godard e o entusiasmo espertado polo seu último traballo, Film: Socialisme (2010), estreado en España, permite organizar un seminario en torno a este filme e a propia evolución do autor nos últimos anos. O seminario “Quen teme a Jean Luc Godard?” terá lugar na tarde do venres 29 de abril coa coordinación de Ángel Quintana e a intervención dun lendario estudoso da obra de Godard, o francés Alain Bergala –aproveitamos para proxectar o documental que realizou sobre Víctor Erice para a serie -, Gonzalo de Lucas e o propio Quintana. “Jean Luc Godard é unha figura que incomoda. A pesar de que as conquistas levadas a cabo pola modernidade cinematográfica que estalou coa Nouvelle Vague son un eco afastado, o seu modelo de cine molesta e xera certos debates. A controversia Godard vén determinada pola súa capacidade visionaria, por ser un dos poucos autores que despois de cincuenta anos de actividade conseguiu manterse sempre na vangarda e cuestionar en solitario o cine desde as súas raíces. Godard atenta contra o relato, contra as formas canónicas de representación, contra os sistemas de produción e contra as formas de difusión da imaxe, mentres abre un camiño cara a un incerto futuro. Se cremos que non é preciso temer a Jean-Luc Godard é porque xunto co creador existe tamén un gran pensador do cine que foi capaz de situar a imaxe no epicentro da súa contemporaneidade achégandoa ás conquistas da arte, da política. É preciso repensar a Godard, porque a súa obra encerra algunhas das claves básicas para entender que é o cine hoxe e cara a onde se proxecta”. Organiza: Xunta de Galicia Secretaría Xeral de Medios Centro Galego de Artes da Imaxe Lugar de celebración: Centro Galego de Artes da Imaxe Rúa Durán Loriga, 10 baixo 15003 A Coruña Programa
17.00 h.-17.45 h. Alain Bergala. Por que non hai ninguén como Jean-Luc Godard? 17.45 h.-18.30 h. Gonzalo de Lucas. O pensamento Godard 18.30 h.-18.45 h. Pausa 18.45 h.-19.30 h. Ángel Quintana. Godard e o museo imaxinario 19.30 h.-20.15 h. Debate con Alain Bergala, Gonzalo de Lucas e Ángel Quintana