Ir o contido principal
Master Class de Mark Rappaport  1 de xuño de 2010

Master Class de Mark Rappaport 1 de xuño de 2010

  • Do 1 xuño ao 1 xuño de 2010

Rappaport, Mark (Nova York, 1942), estuda literatura no Brooklyn College, onde se gradúa. Posuidor dunha cinefilia precoz, pronto se familiariza co cine de autores como Kurosawa, Bergman, Buñuel e directores do propio Hollywood, converténdose os clásicos dos anos 40 e 50 en elemento referencial dos seus propios films. Comeza a traballar como montador mentres se financia os seus proxectos e, logo de dirixir varias curtametraxes, realiza a longa Casual Relations (1973). A partir de Postcards (1990) inicia a súa relación co formato video e nos últimos tempos directamente coa fotomontaxe. Ironista iconográfico e crítico, Rappaport céntrase na palabra narrativa, nos relatos que teñen como referente o melodrama hollywoodense —incluíndo biografías imaxinarias sobre actores como Rock Hudson ou Jean Seberg— e a relación entre o público e as imaxes, sobre todo no marco da cultura pop. As súas películas, como modélicas análises fílmicas, contribúen a unha reinvención da Historia do cine.
Mark Rappaport, cuxas películas, Rock Hudson’s Home Movies e From the Journals of Jean Seberg, probablemente son máis coñecidas fóra de España que aquí, impartirá unha Master Class onde falará sobre a súa experiencia como director de cine durante 35 anos (e aínda máis tempo vendo e analizando películas). Tratará o tema do cine narrativo, o estado do cine actual, a apropiación de imaxes e as novas tecnoloxías.
Aínda que xa non dirixe películas, Rappaport escribe sobre elas e crea colaxes utilizando imaxes cinematográficas, como se pode ver cada mes en Cahiers du Cinema España.

Organiza:
Xunta de Galicia
Secretaría Xeral de Medios
Centro Galego de Artes da Imaxe

S8 1ª Mostra de Cine Periférico

Colabora:
Fundación Caixa Galicia

Lugar de celebración:
Auditorio da Fundación Caixa Galicia
Cantón grande, 21-24
A Coruña

Horario:
17.00 - 19.00 h
Servizo de tradución simultánea dispoñible

Entrada libre previa inscrición

Información e inscricións:
difusion@cgai.org
www.cgai.org
Tel.: 881 881 260
Fax: 881 881 271