Inland Empire. Propostas desde o labirinto 28 de marzo de 2008

Inland Empire. Propostas desde o labirinto 28 de marzo de 2008

  • Do 28 marzo ao 28 marzo de 2008

    Centro Galego de Artes da Imaxe

Dentro dun sistema audiovisual en estado de mutación permanente, a película Inland Empire de David Lynch estala como unha proposta apaixonante que non cesa de cuestionar os modelos establecidos, propoñendo novas formas de representación audiovisual que sitúan o cine máis alá do cine. O seminario Inland Empire, Propostas desde o labirinto parte da idea de que a película de David Lynch funciona como un auténtico labirinto expresivo aberto a mil e unha propostas de sentido. Para poder gozar da obra é preciso introducirse no complexo labirinto e observar cómo a película propón formas de circulación das imaxes, novas xeografías do urbano, novas formas de observar Hollywood como espazo do sinistro, novas temporalidades do fílmico e novos sistemas de desfiguración da orde figurativa que marcara os sistemas tradicionais de representación. Entrar no labirinto é unha forma de afrontar unha obra maior do cine contemporáneo e de repensar, con ela, o lugar que o cine ocupa dentro dun universo audiovisual en tránsito permanente.

Coordinador: Ángel Quintana

Prazas: 100