I Congreso Audivisual Galego

I Congreso Audivisual Galego

  • Do 17 xuño ao 19 xuño de 1993

    Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Cultura e do Centro Galego de Artes da Imaxe, convoca o Congreso do Audiovisual Galego. O seu obxectivo é triple: coñecer a realidade do sector audiovisual galego, analizar modelos de actuación experimentados noutros ámbitos, e reflexionar sobre o seu futuro.Atendendo á complexidade dun sector da importancia do audiovisual, o programa do Congreso divídese en oito seccións: formación, patrimonio, difusión cultural, televisión, administración, exhibición e distribución cinematográficas, produción, distribución e promoción en televisión e vídeo. Súmase a estas seccións unha mesa redonda extraordinaria sobre "A construción da industria audiovisual europea" a cargo do "staff" do proxecto EAVE (Programa MEDIA).En cada unha das seccións pretendemos un achegamento rigoroso e creativo. A tal fin, e desde que se deron os primeiros pasos na organización do Congreso, contamos coa colaboración dos profesionais, dos auténticos protagonistas do pasado e presente da imaxe en Galicia. En boa medida, eles deseñaron o presente programa e definiron os seus contidos.