Ir o contido principal
A herdanza de Shoah. A propósito de La cuestión humana  24 abril de 2009

A herdanza de Shoah. A propósito de La cuestión humana 24 abril de 2009

  • Do 24 abril ao 24 abril de 2009

A mecánica utilizada pola Alemaña nazi para levar a cabo o exterminio do pobo xudeu xerou múltiples metáforas. Desde unha perspectiva histórica esa foi a ferida que marcou a memoria do noso presente e sinalou os límites do pensamento xurdido na modernidade. No terreo da evolución das artes, a máxima de Theodor Adorno de “cómo se pode realizar poesía despois de Auschwitz” non deixou de resoar na conciencia da creación. A Shoah converteuse tamén nunha especie de horizonte do pasado que non fixo máis que alterar e quebrar o noso presente. O seminario A herdanza da Shoah. A propósito de “La cuestión humana” proponse examinar de que maneira a mecánica establecida pola Alemaña nazi nos campos de exterminio afectou á relación do mundo contemporáneo a partir de tres vectores claves como son a industria, a linguaxe e as imaxes. Que revelan da mecánica existente nos campos de extermino algúns sistemas de produción industrial contemporánea? Ata que punto determinados xiros da linguaxe non fan máis que reflectir a perversión de significados da palabra establecidos nos campos? De que maneira a Shoah non fai máis que xerar un debate entre o acto de amosar e o de non amosar que afecta aos múltiples réximes de mostración da violencia da nosa sociedade contemporánea? Todas estas cuestións encontran o seu eco de resonancia na película de Nicolas Klotz, La cuestión humana (La question humaine, 2007), o terceiro opus da súa triloxía Tiempos modernos —da que forman parte Paria (2000) e La blessure (2005). A partir dos múltiples terreos explorados por esta obra complexa, o seminario intentará tecer unha ponte entre o noso presente, a memoria do infame e as súas formas de representación cinematográfica.

Dirección do seminario: Ángel Quintana (Universitat de Girona)

Organiza: Centro Galego de Artes da Imaxe, en colaboración con Alliance Française (A Coruña) e Ambassade de France en Espagne-Service Culturel (Madrid).

Programa

10:00 h. Presentación do seminario

10:15 h. As palabras e os feitos (A industria capitalista e a Shoah)
Miguel Morey (Catedrático de Filosofía. Universidade de Barcelona. Premio Anagrama de Ensaio por El deseo de ser piel roja)

11:15 h. Reflexións sobre a elaboración literaria da Shoah
Adán Kovacsics (Ensaísta e tradutor. Autor de Guerra y lenguaje)

12:15 h. h. Pausa

12:45 h. Formas da abxección coa Shoah como motivo: De La vida es bella a El niño del pijama de rayas.
Ángel Quintana (Universitat de Girona. Cahiers du cinéma/España)

14:00 h. h. Descanso

17:00 h. A ausencia filmada
Santos Zunzunegui (Catedrático de Comunicación Audiovisual. Universidade do País Vasco)

18:00 h. O ataque do presente sobre o resto dos tempos. Como presentar o horror sen representar o horror
Santiago Filloll (Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Codirector de Ich Bin Enric Marco)

19:00 h. h. Pausa

19:30 h. Coloquio con: Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, director e guionista de La cuestión humana.

Proxeccións

20 de abril
20:30 h. Paria (2000)
Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)

21 de abril
20:30 h. La blessure (2005)
Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)

23 de abril
20:30 h. La cuestión humana (2007)
Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)

24 de abril
21:30 h. Jeunesse d’Hamlet (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, 2007)
La consolation (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, 2007)
Les Amants Cinéma (Héléna Klotz, 2006)
Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)