Ir o contido principal
Happy Together. Cine e culturas pop  10 e 11 xullo de 2008

Happy Together. Cine e culturas pop 10 e 11 xullo de 2008

  • Do 10 xullo ao 11 xullo de 2008

    Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)

Cando Ricciotto Canudo definiu, a principios do século pasado, o cine como “sétima arte”, fíxoo pensando na relación do novo medio co que poderiamos denominar artes do ritmo e do movemento: a danza e a música. Desde entón, a relación cine e música formulouse, polo menos desde certas perspectivas estéticas, desde a especificidade ou a “artisticidade” do primeiro; aínda son moitos os pensadores e creadores que pensan o cine como arte a condición de que se afaste dos modelos narrativos do cine clásico. Así, en numerosas ocasións, a relación cine-música formúlase desde a defensa da experimentación formal, da relación do primeiro coas vangardas históricas ou desde os actuais debates sobre o cine no museo. Por outra banda, o discurso cinéfilo dedicoulle moita atención á música de cine; é dicir, á banda sonora. Todos estes enfoques deron lugar a traballos, sen dúbida, estimulantes e en non poucas ocasións, a textos que podemos considerar pertencentes á Historia da Teoría Cinematográfica.
Aínda que tal vez non recibise atención suficiente por parte dos especialistas, é indiscutible que o cine e as músicas populares xogaron (e xogan) un papel importantísimo á hora de definir e construír os procesos identitarios contemporáneos. Desde este punto de vista, a relación cine-música xa non se formularía desde o terreo estético, senón máis ben desde o sociocultural. O curso “Happy Together. Cine e culturas pop” interésase polas formas en que o cine se encargaría de mostrar ou de documentar algúns deses procesos identitarios —desde as contraculturas ata o punk, pasando pola nostalxia— e tamén polas complexas relacións entre a cultura popular e a vangarda ou a experimentación.

Coordinadores: Josep Lluis Fecé e Antonio Weinrichter

Programa

Xoves 10 de xullo

10:00 h. Presentación

10:30 h. O cine como arte pop (cine pop sen música): Russ Meyer, Richard Lester, Godard’s 60s, Blow-Up, Pedro Almodóvar, Paul Morrissey, John Waters, NY indies (Jim Jarmusch, Susan Seidelman, Amos Poe…)
Jordi Costa (Xornalista, Crítico d’El País)

11:30 h. O pop no cine/vídeo experimental: Kenneth Anger, James Benning, Bruce Conner, Andy Warhol, scratch video
Antonio Weinrichter (Ensaísta e Profesor da Universidad Carlos III de Madrid)

13:00 h. Cine, música e identidades subculturais: da resistencia á distinción
Josep Lluís Fecé (Profesor do CESAG, Universitat de les Illes Balears)

17:00 h. O rockumental, unha moda pasaxeira?
Luis Hidalgo (Xornalista, Crítico d’El País, Director artístico do Festival In-Edit)

18:00 h. Coloquio cos participantes

Venres 11 de xullo

10:00 h. Ars videoclip: influencias nas narrativas audiovisuais contemporáneas
Joan Pons (Xornalista/El Terrat)

11:00 h. Sinerxías industrias cine/música. As BSO pop
Quim Casas (Xornalista, Crítico de Cine)

12:30 h. O DIY (Do It Yourself) na era dixital
Ignacio Gallego (Profesor da Universidad Carlos III de Madrid, DJ Potapop, Promotor)

17:00 h. Xéneros: Retro (back to the 50’s), Comedia musical rock
Jesús Palacios (Ensaísta)

18:00 h. . Coloquio cos participantes