Ir o contido principal

CGAI – Filmoteca de Galicia

O Centro Galego de Artes da Imaxe–Filmoteca de Galicia é unha institución da Xunta de Galicia, integrada na Agadic. Ten como principal misión a salvagarda e difusión do patrimonio audiovisual galego. Creado polo Decreto 210/1989, do 5 de outubro, da Xunta de Galicia, o CGAI inaugurouse o 15 de marzo de 1991, data desde a que vén desenvolvendo as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía de xeito regular.

As súas principais funcións no ámbito audiovisual son a recuperación, a catalogación, a custodia e a difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, así como a programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.

As súas instalacións —arquivo, mediateca, sala de proxeccións e oficinas— están localizadas na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña.

Desde 1999 o CGAI forma parte da International Federation of Film Archives (FIAF) co estatus de membro asociado.

CGAI – Filmoteca de Galicia

Contacto

Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
Teléfonos
Tlf.(34) 881 881 260
Fax.(34) 881 881 271
cgai@xunta.gal

Director
Guillermo Escrigas Rodríguez
(34) 881 881 265
cgai@xunta.gal

Administración
(34) 881 881 261

Programación
(34) 881 881 270

Arquivo e documentación
(34) 881 881 264