
CAYO LARGO
John Huston, 1948
101’. Subtítulos en castelán
KEY LARGO / CAYO LARGO
(Estados Unidos, 1948)
Dirección: John Huston. Guión: John Huston e Richard Brooks. Argumento: a obra teatral de Maxwell Anderson. Produción: Warner Bros. Fotografía: Karl Freund. Intérpretes: Humphrey Bogart, Lauren Bacall, Edward G. Robinson, Claire Trevor, Lionel Barrymore. Duración: 101 min.
Un veterano de guerra vai visitar a familia dun antigo compañeiro de armas falecido en combate. O pai e a viúva, que rexentan un hotel, son secuestrados por unha banda de gángsters. Un furacán provoca un encerro obrigado...Personaxes en situación límite nunha tensa incursión no cinema negro inspirada nunha peza teatral de Maxwell Anderson.