
A BITTERSWEET LIFE
Kim Jee-woon, 2005.
120´. Subtítulos en galego.
DALKOMHAN INSAENG / A BITTERSWEET LIFE / [UNHA VIDA AGRIDOCE]
(Corea do Sur, 2005)
Dirección e guión: Kim Jee-woon. Fotografía: Kim Ji-yong. Produción: B.O.M. Film Productions. Intérpretes: Lee Byung-hun, Kim Young-chul. Duración: 120 minutos.
Sun-woo é o xerente dun hotel e a man dereita do seu propietario, un mafioso local. Gañou cos anos a súa confianza, pero garda un segredo: está namorado da moza do seu xefe. Un día este ordénalle que a siga, porque cre que ten un amante. Se é así, deberao matar.