
BESTIARIO
Chris Marker, (1985–1990)
9’. Subtítulos en galego.
BESTIAIRE [BESTIARIO]
(Francia, 1985-1990). Duración: 9 minutos.
AN OWL IS AN OWL IS AN OWL [UNHA CURUXA É UNHA CURUXA É UNHA CURUXA]
Dirección: Chris Marker. Duración: 3 minutos.
Meditación, englobada en “Bestiaire”, sobre a suave e fermosa automatización da mirada dunha curuxa.
CHAT ÉCOUTANT LA MUSIQUE [GATO ESCOITANDO MÚSICA]
Dirección, guión e fotografía: Chris Marker. Produción: Les Films de Jeudi. Duración: 3 minutos.
O gato de Marker, Guillaume-en-Egypte, escoita unha das súas pezas musicais favoritas, elaborada polo compositor barcelonés Federico Mompou.
ZOO PIECE [PEZA DE ZOO]
Dirección: Chris Marker. Duración: 3 minutos.
Segundo a perspectiva varía da exhibición ao aprisionamento, esta montaxe de imaxes dun zoo incluído no “Bestaire” vai adquirindo unha maior significación e pathos.