![Angélica [una tragedia] Angélica [una tragedia]](https://cgai.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3747.png?itok=KMp-dZHx)
Angélica [una tragedia]
Manuel Fernández-Valdés, 2016
83'. DCP. Presentación. Entrada de balde
Angélica [una tragedia]
(España, 2016)
Dirección, guión e montaxe: Manuel Fernández-Valdés. Reparto: Angélica Liddell. Dur: 83'.
Unha muller, a súa voz, o seu corpo: berros, estalos e inflexións. Manuel Fernández-Valdés fai un retrato peculiar e intenso de Angélica Liddell, poeta, actriz e directora de teatro de vangarda, onde a ispe e á vez fórmaa ou escúlpea, durante o proceso creativo dunha próxima posta, que inclúe reminiscencias de China e do tiroteo en Utoia.
A ritmo de The House of the Rising Sun de The Animals, Liddell, nunha sorte de “spoken word”, propón o verbo como acto de ruptura, onde a fala adquire a dimensión do subversivo, para romper e crear. Baixo o influxo do diario fílmico é que Fernández-Valdés vai describindo as motivacións de Angélica, nunha transacción entre Eros e Tánatos, dende a dialéctica de violencia e poder, que a mantén viva e a desborda, como se a enerxía e vitalidade que mostra nas súas obras e poemas foran a suma do adiamento da súa propia e imaxinable traxedia.
(Mónica Delgado, OUFF)