
AK
Chris Marker, 1985
75´. Subtítulos en galego.
A . K. PORTRAIT D’AKIRA KOUROSAVA (A. K. RETRATO DE AKIRA KUROSAWA)
(Francia-Xapón, 1985)
Dirección e guión: Chris Marker. Produtor: Serge Silberman. Produción: Greenwich Film Productions, Herald Ace Inc., Nippon Herald Films. Fotografía: Frans-Yves Marescot. Duración: 75 minutos.
Documental sobre a realización da película “Ran”, na que se amosa de forma detallada o proceso de traballo do lendario Akira Kurosawa. Construída en forma de diario de rodaxe, dividida en dez bloques ou cesuras exhibe o rigor da posta en escena e preocupacións do mestre xaponés.