100% CEF
Aser Álvarez, 2012.
63’. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
100% CEF
(España, 2012)
Dirección e guión: Aser Álvarez. Produción: Colectivo Arraianos e Asombra. Fotografía: Alfonso V. Cortizo. Duración: 63 minutos.
Documental que reconstrúe a biografía de Celso Emilio Ferreiro a partir de recursos narrativos diversos, que explora as posibilidades deste formato cun produto audiovisual contemporáneo creado a través de testemuñas, lecturas, músicas e apropiacións. Percorre momentos e lugares decisivos na vida e na obra do autor, a cen anos do seu nacemento. Música de Labregos no Tempo dos Sputniks e Mini e Mero, intervencións artísticas de Leiro ou Manuel Paz, ademais de testemuños de numerosos persoeiros da cultura galega.