CLEAN
Olivier Assayas, 2004
104´. Subtítulos en castelán. Precedida da curtametraxe CINE_ASCIIART (DSK, 2003/2004)
CLEAN
(Francia-Gran Bretaña-Canadá, 2004)
Dirección e guión: Olivier Assayas. Produción: Journeyman Films. Fotografía: Eric Gautier. Intérpretes: Maggie Cheung, Nick Nolte, Béatrice Dalle. Duración: 100 minutos.
Tras varios anos vivindo xuntos, Lee Hauser e Emily Wang, están acabados. Lee, un músico mítico dos 80, é vítima dos cartos fáciles, a fama e a droga, o que os leva a deixar o fillo común baixo a custodia dos pais del. Lee aparece morto por sobredose nun motel e a Emily arréstana por posesión de drogas. Seis meses despois póñena en liberdade e decide comezar unha nova vida en París. Mais todo mudou e só se sente ligada ao seu fillo, Jay. Para volvelo ver debe recuperar a estabilidade e deixar a metadona, que empezou a tomar en prisión. Premio á mellor actriz (Maggie Cheuung) en Cannes 2004.