
L'inhumaine / La inhumana
Marcel L’Herbier, 1924
135'. DCP. Muda rótulos en castellano
L'inhumaine / La inhumana
(Francia, 1924)
Dirección: Marcel L’Herbier. Guión: Marcel L’Herbier, Pierre Dumarchais, Georgette Leblanc. Fotografía: Roche, Georges Specht. Intérpretes: Jaque Catelain, Léonid Walter de Malte, Philippe Hériat, Fred Kellerman, Georgette Leblanc, Marcelle Pradot, Prince Tokio. Dur: 135'.
Unha fermosa prima donna, Claire Lescot, parece atraer a atención de todos os homes.
A historia é o de menos. O realmente significativo desta película é o talento que L’Herbier, co mesmo carisma que o seu personaxe Lescot, logra atraer a esta produción en que participaron artistas como Fernand Léger ou o arquitecto Rob Mallet-Stevens. Así, a fita logra erixirse, a través do seu deseño de produción, a fotografía ou os decorados en epítome e condensación das vangardas artísticas dos anos vinte.