
Off Galicia: Alber Ponte
2011-2012
73'. Vídeo. Presentación polo seu autor. Entrada de balde.
DEMASIADO LEJOS
(España, 2010)
Dirección e guión: Alber Ponte. Produción: Producciones Sierra Madre. Fotografía: Roberto San Eugenio. Intérpretes: Celia Guerrero, Zack Eisaku. Duración: 20 minutos.
Nas illas Filipinas de finais do século XIX, Salu, un nativo que malvive traballando nas terras dun terratenente español, visita a Irmá Águeda para pedirlle un gran favor.
ME LLAMO RAMA
(España, 2011)
Dirección e guión: Alber Ponte. Produción: Producciones Sierra Madre. Fotografía: Roberto San Eugenio. Intérpretes: Fran Grela, Camila Bossa, Mabel Rivera, Xosé Manuel Olveira «Pico». Duración: 30 minutos.
Luísa visita a seus pais, residentes nunha pequena vila próxima a Santiago de Compostela, coa intención de presentarlles a súa parella. O que eles aínda non saben é que o mozo da súa filla é Rama, un hindú sikh.
YOU KNOW WHERE I AM
(España, 2012)
Dirección e guión: Alber Ponte. Produción: Producciones Sierra Madre. Fotografía: José Luis Solomón. Intérpretes: Isabel Peris Jensen, Alfonso Barquero, Alber Ponte, Celia Guerrero. Duración: 9 minutos.
Mary e Jimmy son irmáns e viven á beira dun gran río que cruza Carolina do Norte (Estados Unidos). Ela quere vivir con el para sempre. Con música de Sergio Pena, a curtametraxe ten a súa estrea en España.
LOS PÁJAROS PERDIDOS
(España, 2012)
Dirección e guión: Alber Ponte. Produción: Producciones Sierra Madre e Producciones Guanabacoa. Fotografía: Roberto San Eugenio. Intérpretes: Manuel Botana, Celia Guerrero, Gustavo Salmerón. Duración: 14 minutos.
Sebastián é un home maior que padece Alzheimer. Elena é unha muller cunha abafante vida privada, e que, entre outras cousas, traballa coidando de Sebastián. Ambos os dous son paxaros perdidos.Estrea.