
ELECTION
Johnnie To, 2005.
101´. Subtítulos en castelán.
HAK SE WUI / ELECTION
(Hong Kong, 2005)
Dirección: Johnnie To. Guión: Yau Nai Hoi e Yip Tin Shing. Produción: China Star Entertainment, One Hundred Years of Film Company, Milky Way Image Company. Fotografía: Cheung Siu Keung. Intérpretes: Simon Yan, Louis Koo. Duración: 101 minutos.
Thriller que participou en Cannes e gañou premios en todo o mundo. Chegou a hora, como sucede cada dous anos, para os membros máis veteranos da tríade máis antiga de Hong Kong de elixir ao seu novo líder. As rivalidades feroces emerxen entre os candidatos a facerse co cargo, Lok e Big D, que non se deterá para influír no voto con grandes doses de cartos e violencia como mostra dunha loita entre os métodos tradicionais de fraternidade e o mundo dos negocios do século XXI.