
5 traballos audiovisuais
Galicieiras e David Carballal, 2011.
32’. Vídeo. Presentación das pezas coa presenza dos autores. Entrada gratuíta.
5 PEZAS AUDIOVISUAIS
(España, 2011)
Dirección: Galicieiras (José Luis Ducid e Lochos). Produción: David Carballal. Fotografía: Galicieiras e David Carballal. Duración: 32 minutos.
Presentación de cinco pezas audiovisuais realizadas en colaboración por Galicieiras (dirección, cámara, edición) e David Carballal (produción, cámara, edición). Os traballos son:
Inauguración de Ágora. Inauguración do Centro cultural Ágora con performance de Mercedes Peón. Duración: 2 minutos.
Galás en el Ágora. Debut en Galicia de Diamanda Galás. Duración: 8 minutos.
Corporal (je t'aime). Obra de danza-teatro, homenaxe a Lois Pereiro. Duración: 10 minutos.
DUF. O Centro Ágora propón actividades recreativas no barrio. Duración: 5 minutos.
Sofas Iravedra. Video do happening e da inauguración na galería Sargadelos de A Coruña da serie de fotografías de Amador Iravedra. Duración: 7 minutos.